Servizos técnicos

Cimbra Contracts, S.L. dispón de titulados técnicos e colaboradores de todas as especialidades asociadas ao sector da enxeñaría e construción que lle permiten afrontar a solución técnica a calquera demanda do cliente.

Deste xeito, a empresa desenvolveu ao longo da súa actividade proxectos construtivos e de instalacións de todo tipo, proxectos de actividade, memorias valoradas, informes técnicos estruturais e informes periciais.

Mobiliario urbano

Cimbra Contracts, S.L. deseñou, fabricado e instalado mobiliario urbano diverso, entre o que podemos destacar os seguintes proxectos:

  • Áreas de esparexemento con bancos circulares e mesas no Polígono de Agrela na Coruña
  • Escultura Caracola en Punta Herminia na Coruña
  • Monólitos indicadores en edificios históricos da Deputación da Coruña
  • Monólitos indicadores da ruta Sendeiro Atlántico na Coruña
  • Cartelas informativas en obras de arte exteriores da Deputación da Coruña
  • Marquesiña aparcamotos na Estación de Autobuses da Coruña
  • Marquesiñas de tranvía na cidade da Coruña
  • Marquesiñas de buses no Concello de Bergondo
  • Construción de casetas de madeira de socorrismo en praias da Coruña
  • Fontes de beber en diversos puntos da cidade da Coruña
  • Aparcabicicletas en diversos puntos da cidade da Coruña
  • Suxeita colectores de residuos urbanos en diversos puntos da cidade da Coruña
  • Bancos en diversos puntos da cidade da Coruña
  • Varandas en diversos puntos da cidade da Coruña
  • Pasarelas de madeira para praias da Coruña
  • Varandas e proteccións no CEIP Alborada na Coruña
  • Placas nominativas de rúas da cidade da Coruña
  • Balizas semafóricas na Rúa Barcelona da Coruña
  • Colectores de aceite para recollida de aceite usado na cidade da Coruña

Obra civil

Cimbra Contracts, S.L. executou desde os seus inicios numerosas obras de urbanización para clientes públicos, privados e comunidades de veciños, abarcando demolicións, escavacións, canalizacións soterradas, pavimentacións e muros de contención.

Algúns dos últimos proxectos levados a cabo pola empresa, son os seguintes:

  • Execución de novas beirarrúas no núcleo urbano de Guísamo no Concello de Bergondo
  • Soterramento de canalizacións de iluminación na N-VIN en Bergondo
  • Ampliación de escaleiras de acceso ao mar no Parrote (A Coruña)
  • Execución de muro de contención e senda perimetral na Cidade Deportiva A Torre (A Coruña)
  • Urbanización de áreas de descanso no Polígono de Agrela na Coruña
  • Reparación do pavimento e execución de rampla en CEIP María Pita na Coruña
  • Execución de ramplas e soleiras no EIM Areal na Coruña
  • Execución de cimentacións e canalizacións para alimentación de paradas de buses intelixentes na Coruña
  • Reparación de canalizacións subterráneas no viario principal do Polígono de PO.CO.MA.CO na Coruña
  • Reparación de acometidas de saneamento en comunidades de veciños varias na Coruña, Oleiros, Arteixo, Sada e Bergondo

Edificación

Cimbra Contracts, S.L. dispón de experiencia en execución de reformas interiores e exteriores de edificacións públicas e privadas, así como reparacións estruturais, desenvolvendo recentemente os seguintes proxectos, entre outros.

  • Impermeabilización e reforma de local municipal para actividades de solidariedade en Paseo das Pontes na Coruña
  • Reforma de vivendas de protección oficial na Coruña
  • Reparación estrutural de columnas e vigas de formigón armado de varios edificios de vivendas na Coruña
  • Reforma de aseos de Concellaría de Educación do Concello da Coruña
  • Execución de cuberta en casa da Cultura da Baña
  • Substitución tellado da Igrexa de Oza na Coruña
  • Reparacións no Local Municipal de Iniciativas Xuvenís na Coruña
  • Reparación e substitución de tellados en comunidades de veciños varias en A Coruña, Arteixo e Ponteceso

Instalacións

Cimbra Contracts, S.L. executou instalacións de distintas tipoloxías dentro do ámbito da enxeñaría industrial, entre os que podemos destacar os seguintes:

  • Subministración e instalación de caldeiras de biomasa en edificios municipais do Concello da Baña
  • Subministración e instalación de sistema de 48 consignas electrónicas na Estación de Buses da Coruña
  • Electrificación de paradas de buses intelixentes da cidade da Coruña
  • Instalación de cadros de telecontrol de rega intelixente na cidade da Coruña
  • Mellora do sistema de calefacción en casa da Cultura da Baña
  • Mellora do sistema de ACS no campo de fútbol de Montrove en Oleiros.
  • Instalación de pantallas informativas de chegadas e saídas en Estación Buses da Coruña
  • Subministración e instalación de electrodomésticos varios e sistemas de alimentación en edificios da Deputación da Coruña

Mantemento

Cimbra Contracts, S.L. dispón de experiencia en mantemento de instalacións de distinta natureza, moitas delas sendo executadas en orixe pola propia empresa:

  • Mantemento de caldeiras de biomasa en edificios municipais do Concello da Baña
  • Mantemento do Campo de Fútbol Municipal do Concello da Baña
  • Mantemento do sistema de 48 consignas electrónicas na Estación de Buses da Coruña
  • Mantemento de casetas de socorrismo e instalacións das praias do Termo Municipal da Coruña

Contáctanos

Se necesitas información ou asesoramento contacta connosco e poñerémonos en contacto contigo

Contacto