Project Description

Descrición dos traballos

O Concello da Coruña proxectou áreas de esparexemento e estacionamento de bicicletas na contorna de 3 transformadores eléctricos do Polígono Industrial Agrela. Os traballos realizados pola nosa empresa consistiron na demolición de pavimentos actuais e escavación de caixas para a execución de soleira de formigón impreso con distintas texturas e tonalidades, segundo os usos da zona. En cada unha das áreas instalouse un banco circular e 3 mesas de madeira tropical e estrutura de aceiro fabricados pola nosa empresa. Como elementos complementarios instaláronse en todas as áreas realizadas aparcabicicletas, macetas con plantacións e bolardos para evitar estacionamentos indebidos de vehículos.

Detalles do proxecto

ANO DE EXECUCIÓN

2019

CLIENTE

Concello de Bergondo

TIPO DE PROXECTO

Obra Civil

Galería de fotos