Project Description
Descrición dos traballos
Ante a presenza de humidades graves no interior deste local municipal soterrado, tívose que demoler o pavimento das escaleiras e ramplas circundantes, paramentos, así como da praza pública superior para volver impermeabilizar a envolvente da edificación e volver repor os materiais demolidos. Ademais, en relación á praza, mellorouse a súa drenaxe coa execución de novos sumidoiros.
A maiores, reparouse a carpintaría de aluminio que presentaba puntos de filtración de auga. Tamén se actuou sobre as varandas existentes no contorno ao presentar numerosas roturas.
En relación á fachada, elimináronse as numerosas pintadas existentes e aplicouse un revestimento antigraffiti. No interior do local substituíronse e reparado as zonas de paramentos e pavimentos de tarima flotante danados pola humidade e hanse repintado na súa totalidade paredes e teitos. Finalmente realizáronse por laboratorio especializado probas de estanqueidade que certificaron o bo termo das obras.
Detalles do proxecto
ANO DE EXECUCIÓN
2018
CLIENTE
Concello da Coruña
TIPO DE PROXECTO
Edificación