Project Description

Descrición dos traballos

Como consecuencia dos temporais e a exposición á intemperie durante case 25 anos, a emblemática escultura Caracola sita na contorna da Torre de Hércules sufriu danos irreversibles polo que tivo que ser retirada. Por mor desta incidencia, o Concello da Coruña adxudicou a Cimbra Contracts, S.L. a substitución da obra de arte orixinal por unha réplica de mellores características químicas e mecánicas ca orixinal.

Os traballos desenvolvéronse inicialmente en taller durante 2 meses, para conformar a nova escultura mediante corte, dobrado e soldado de aceiro corten. Unha vez finalizados estes traballos preparouse en obra o pedestal de formigón para acoller os soportes e cimentacións da nova caracola. Finalmente, unha vez transportada a escultura e colocada na súa localización final, procedeuse a reparar o pavimento de madeira e lousa no acceso á mesma.

Detalles do proxecto

ANO DE EXECUCIÓN

2018

CLIENTE

Concello de A Coruña

TIPO DE PROXECTO

Obra Civil

Galería de fotos